DEPORTES

Os máis novos, protagonistas dunha nova edición do Día da Bicicleta

18/10/2009 Varios centos de ciclistas, moitos deles de curta idade, participaron no XXI Día da Bicicleta. Todos eles partiron do Paxonal para percorrer varias rúas da cidade ata chegar á praza do Obradoiro. Todos os participantes recibiron agasallos.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, deu a saída a esta proba non competitiva. O obxectivo, como cada ano, era vivir unha xornada de convivencia e lecer sacando a bicicleta á rúa para dar un paseo pola cidade.

O paseo levou aos participantes polas rúas Paxonal, Amor Ruibal, Galuresa, Santiago de Chile, praza de Vigo, Santiago del Estero, praza Roxa, Frei Rosendo Salvado, Ramón Cabanillas, República Arxentina, praza Puente Castro, Hórreo, praza de Galicia, Senra, Xoán Carlos I, Rosalía de Castro, avenida de Coruña, avenida das Ciencias, avenida de Novoa Santos, San Lourenzo, Poza de Bar, Galeras, Salvadas, Vista Alegre, avenida de Castelao, Burgo das Nacións, Xoán XXIII e San Francisco, para chegar finalmente á praza do Obradoiro. Alí, os ciclistas participaron nun sorteo de bicicletas.

Compartir: