TURISMO

Air Berlin conecta Santiago con Palma de Mallorca diariamente

08/11/2005 A compañía aérea, que presentou en Santiago a nova tempada de voos, estima chegar aos 65.000 pasaxeiros con este voo na capital galega.

Un voo diario que une Santiago con Palma de Mallorca permite conectar a cidade con quince cidades europeas desde o 1 de novembro.

Air Berlin voa actualmente a quince destinos desde Santiago cun custe por billete desde 59 euros. Ofrece voos a doce aeroportos en Alemaña: Berlin-Tegel, Colonia/Bonn, Düsseldorf, Frankfurt, Hamburgo, Hannover, Leipzig-Halle, Münster/Osnabrück, Munich, Nuremberg, Paderborn/Lippstadt e Stuttgart; un a Palma de Mallorca, un Viena e outro a Zurich.

O voo diario a Palma de Mallorca sae de Santiago ás 17.10 e chega ás 18.55 horas cun prezo por traxecto de 29 euros.

Air Berlin é a segunda compañía aérea de Alemaña, despois de Lufthansa e a terceira no ranking europeo de liñas aéreas de baixos prezos.

Compartir: