EIXO ATLÁNTICO

A Comisión Executiva do Eixo Atlántico reúnese no Concello para debatir o AVE Vigo-Porto

07/11/2005 Ao día seguinte da reunión na Casa do Concello, o mércores 9, dos membros da comisión executiva do Eixo Atlántico, trasladarán ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, as súas inquedanzas arredor da liña do AVE Vigo-Porto.

A Comisión Executiva do Eixo Atlántico, entidade formada por dezaoito cidades galegas e do norte de Portugal, reunirase o próximo mércores, 9 de novembro, ás 18 horas na Casa do Concello para debatir, principalmente, a conexión Vigo-Porto coa liña do AVE.

Ao día seguinte, o xoves 10 de novembro ás 11.30 da mañá, os representantes da Comisión Executiva do Eixo Atlántico, presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, serán recibidos polo presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, na sede do Parlamento de Galicia, para tratar este mesmo asunto.

Compartir: