ALCALDÍA

James Lovelock, Premio Fonseca 2009, visitou o Concello

06/10/2009 James Lovelock (Hertfordshire, 1919), pioneiro no desenvolvemento da conciencia medioambiental no mundo, visita o martes 6 de outubro Compostela para recoller o Premio Fonseca de comunicación da ciencia 2009, convocado pola Universidade compostelá e o Consorcio de Santiago. Na súa primeira edición o premio recaera en Stephen Hawking.

O pensador, intelectual e ambientalista británico comezou a xornada cun encontro cos medios de comunicación ás 10:45 horas na sala de prensa do Colexio de Fonseca. A continuación foi recibido no Concello polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. Alí, deixou a súa sinatura no Libro de Honra da cidade.

Xa pola tarde, a partir das 20:00 horas, Lovelock participará no Auditorio de Galicia na cerimonia oficial de entrega do galardón. Neste acto, o científico pronunciará a conferencia titulada "Cambio climático nun planeta vivente". Ao acto, que disporá de tradución simultánea, poderá acudir quen o desexe ata completar o aforo.

Compartir: