TRANSPORTES

Amplíase o horario do servizo de préstamo de bicicletas

02/10/2009 O servizo público de préstamo de bicicletas (COMBICI) amplía o seu horario antes as numerosas peticións recibidas. Por un lado, prolóngase o horario de verán ata o 31 de outubro e, polo outro, amplíase o horario de inverno.

Segundo recollen as normas que regulan o sistema de préstamo de bicicleta pública (COMBICI), o 30 de setembro debería ter rematado o horario de verán, entre as 8:00 e as 22:00 horas. Pero decidiu prolongarse ata o 31 de outubro.

En canto ao horario de inverno, que comezará o 1 de novembro, este será de 8:00 a 20:00 horas. Tendo en conta que no horario de funcionamento do servizo hai horas de pouca luz, prégase aos usuarios extremen as medidas de seguridade. Así, deben asegurarse de que as luces funcionen correctamente, evitando na medida do posible zonas escuras e circulando con chaleco ou outros dispositivos reflectantes.

Compartir: