ALCALDÍA

Reunión da Comisión de Cooperación para a Xestión e Desenvolvemento do Ano Santo

01/10/2009 A Comisión de Cooperación para a Xestión e o Desenvolvemento do Ano Santo 2010 mantivo unha nova xuntanza en Raxoi. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a xuntanza deste órgano, integrado por responsables municipais, autonómicos e da Igrexa.

Trátase da cuarta xuntanza que mantén esta Comisión, que traballa co obxectivo de coordinar recursos humanos e materiais e garantir a atención sanitaria e a seguridade en todos os seus aspectos durante o vindeiro ano. Entre outros asuntos, acordouse a creación dun punto sanitario de emerxencias na Casa do Deán ou a colocación de váteres portátiles en diferentes zonas da cidade. Ademais, falouse sobre as diferentes alternativas para controlar o aforo na Catedral.

Compartir: