URBANISMO

Visita dunha delegación de arquitectos e urbanistas de Santiago de los Caballeros

30/09/2009 Un grupo de dez arquitectos e urbanistas de Santiago de los Caballeros está a visitar Compostela. A concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, recibiunos en Raxoi.

Os integrantes da delegación desta cidade dominicana, irmandada con Santiago de Compostela, amosaron especial interese por todo o relacionado coa arquitectura e coa rehabilitación da cidade histórica. Santiago de los Caballeros está a rehabilitar o seu importante centro histórico.

Compostela colabora con Santiago de Caballeros en varios ámbitos, froito do irmandamento entre as dúas cidades. Ademais, o Concello colabora nun proxecto integral de recuperación dun barrio nesta vila dominicana, Santa Lucía.

Compartir: