EDUCACIÓN

Profesores e alumnos da Escola Municipal de Música abriron o curso 2009-2010 cun concerto no Teatro Principal

28/09/2009 Un variado concerto inaugural serviu para abrir o novo curso da Escola Municipal de Alumnos. Profesores e alumnos participaron nesta singular actuación, que tamén foi unha oportunidade para que as familias coñeceran os obxectivos e actividades propostas pola Escola para o novo curso.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, no quixo faltar a este concerto, que destacou pola súa variedade. A guitarra, o contrabaixo, o violín, a viola, o piano ou a frauta foron algúns dos instrumentos protagonistas da actuación, na que tamén tiveron o seu momento o canto lírico e as voces do coro de nenos da Escola. O programa incluíu diversas obras populares e outras de compositores como Beethoven, Schubert, Bach ou Schumann.

A Escola Municipal de Música contará no curso 2009-2010 con preto de 300 alumnos. Todos accederán a unha ampla oferta que incorpora novidades como as seccións de danza ou de música tradicional, ou un grupo de nenos de tres anos na sección de música e movemento. Tamén se puxo en marcha o Plan de Acceso ao Conservatorio.

Compartir: