DEPORTES

Encontro preparatorio da Copa de España de Fútbol Sala de febreiro de 2010

26/09/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Razoi ao presidente da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS), Javier Lozano. A reunión foi unha primeira toma de contacto cara a celebración da Copa de España en Santiago do 11 ao 14 de febreiro de 2010.

Concello e LNFS reafirmaron o seu compromiso de colaboración para o éxito deste evento. Aproveitando a súa estanza en Santiago, Javier Lozano presenciará o partido entre o Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago e o FC Barcelona no Multiusos Fontes do Sar, onde estará acompañado polo propio alcalde.

Na xuntanza de Raxoi participaron tamén o concelleiro de deportes, Bernardino Rama, o técnico do Concello Juan Garabato; o presidente do Lobelle, José Antonio Lobelle; o xerente do mesmo, Gonzalo Muiños; e varios membros da directiva, entre os que estaban Miguel Ángel Pérez, Ramón García e Francisco de Forno.

Compartir: