CENTROS SOCIOCULTURAIS
Fran Lareo (Brión, 1968) realiza esculturas en madeira e outros materiais dende 1998. Ten participado en varias exposicións colectivas e diversos concursos. O seu gusto pola talla en madeira levouno a experimentar, dunha maneira totalmente autodidacta con este material, ata chegar a completar unha mostra de figuras en pequeno formato, con diversas formas, algunhas delas inspiradas na arte primitiva, e outras que nos fan pensar en formas dos elementos presentes na natureza.
A súa derradeira exposición tivo lugar neste ano no Centro Comarcal Deza (Expodeza) en Lalín, cunha moi boa acollida.
"Ideas en pequeno" estará os próximos meses nos seguintes centros socioculturais:
Do 10 ao 29 de novembro no CSC do Castiñeiriño.
Do 2 ao 21 de decembro no CSC de A Trisca.
Do 8 ao 24 de febreiro de 2006 no CSC "Aurelio Aguirre"de Conxo.
Do 8 ao 25 de marzo de 2006 no CSC de Fontiñas.
Do 7 ao 27 de Abril de 2006 no CSC "José Saramago"de Vite.
As esculturas pequenas de Fran Lareo, nos centros socioculturais composteláns
10/11/2005 "Ideas en pequeno" é o nome da mostra de escultura en pequeno formato que Fran Lareo exporá no Centro Sociocultural do Castiñeiriño. Á inauguración, que será o xoves 10 de novembro ás 20 horas, acudirá a concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón.
"Ideas en Pequeno" é unha mostra de escultura en pequeno formato de Fran Lareo que estará na Rede de Centros Socioculturais do Concello durante os vindeiros meses.Fran Lareo (Brión, 1968) realiza esculturas en madeira e outros materiais dende 1998. Ten participado en varias exposicións colectivas e diversos concursos. O seu gusto pola talla en madeira levouno a experimentar, dunha maneira totalmente autodidacta con este material, ata chegar a completar unha mostra de figuras en pequeno formato, con diversas formas, algunhas delas inspiradas na arte primitiva, e outras que nos fan pensar en formas dos elementos presentes na natureza.