ALCALDÍA

A praza Roxa acolleu os actos do día sen coches

22/09/2009 A cidade uniuse á Semana Europa da Mobilidade, que se celebra do 16 ao 22 de setembro. Con este motivo, a praza Roxa acolleu unha serie de actividades para promover hábitos saudables e máis respectuosos co medio ambiente.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, non quixo faltar nestas actividades con motivo do día sen coches, no que foi posible utilizar de balde transportes alternativos como o autobús urbano ou a bicicleta. De feito, no desaproveitou a ocasión de subirse a unha bicicleta para dar un pequeno paseo pola praza.

Ademais de para pasear, os máis pequenos puideron utilizar as bicicletas para participar nunha xincana. Constaba dun circuíto de habilidade cunha serie de obstáculos coma balancín, portería, paralelas, etc. Na praza tamén se impartiu un taller de enerxía, no que se mostrou como a enerxía producida por bicicletas é suficiente para o acendido e funcionamento de distintos elementos eléctricos coa simple acción de pedalear.

Sorteo e ciclistas profesionaistrong]
Un dos principais atractivos da xornada foi a presenza de profesionais da bicicleta como Óscar Pereiro, campión do Tour de Francia 2006; Iván Raña, campión do mundo de Triatlón; e David Blanco, gañador dúas veces da Volta a Portugal.

Entre as persoas que participaron na actividade sorteáronse unha bicicleta e dez bonos mensuais do transporte urbano.

Compartir: