ALCALDÍA

O alcalde reúnese co director xeral de Tráfico para falar do Plan de Sinalización de Mobilidade para o Xacobeo

21/09/2009 O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou ao director xeral de Tráfico, Pere Navarro Olivella, o Plan de Sinalización da Mobilidade para o Xacobeo 2010. Durante o encontro que mantiveron na sede da Dirección Xeral de Tráfico, en Madrid, Navarro amosou a súa conformidade ante a proposta do Concello, así como a intención de traballar conxuntamente para que o Plan estea a punto na Semana Santa de 2010, de xeito que se poida afrontar con eficacia a regulación, ordenación e seguridade viaria do tráfico en Santiago durante o Xacobeo.

Este Plan inclúe, por unha banda, un Plan de Accesos que complementaría os pórticos dos accesos interurbanos da nosa cidade -dos que dispón o Centro de Xestión de Tráfico de A Coruña-, para sinalizar os accesos máis urbanos e inmediatos ao centro e canalizar o tráfico en función da intensidade de tráfico. Doutra banda, un Plan de Parkings incrementaría os medios materiais do actual Plan facilitando unha información precisa e a sinalización como destino final dos vehículos para a busca e selección de estacionamento preferente urbano en Santiago.

O Plan compleméntase coa instalación, mantemento e renovación dos equipos de tráfico, fibra óptica e novas cámaras que o Concello está asumir na actualidade.

Compartir: