BENESTAR SOCIAL E EDUCACIÓN

O Concello satisfará as bolsas de comedor antes do final de cada mes

22/09/2009 No curso 2009-2010, o Concello pon en marcha en colaboración coas ANPAS un sistema de xestión máis eficaz para as bolsas de comedor. Esta fórmula, ratificada en Xunta de Goberno, permitirá que antes do final de cada mes se poda satisfacer a bolsa correspondente.

As concelleiras de Benestar Social e de Educación, Mar Martín e Mercedes Rosón, compareceron en rolda de prensa para explicar esta fórmula, "coa que se agarde solucionar o problema de axilidade para pagalas", en palabras da primeira. Neste sentido, a titular de Educación recordou que "o problema era de xestión administrativa, nunca de financiamento".

No caso das ANPAS dos tres colexios que manifestaron a intención de non colaborar na xestión destas bolsas de comedor –Sar, Pontepedriña e López Ferreiro- Mar Martín indicou que neste caso colaborarán as direccións dos centros, que se encargarán de trasladar ao Concello os listados dos alumnos que asistan aos comedores. Non obstante, a concelleiras quere retomar as conversas con estas ANPAS.

Compartir: