REAL FILHARMONÍA

A Real Filharmonía estrea unha obra con orquestración de Juan Durán en Carballo

04/11/2005 O venres 4 de novembro ás 19.30 horas no Pazo da Cultura de Carballo, dentro do ciclo de música clásica da Consellería de Cultura En Concerto, a Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección do mestre Maximino Zumalave, estreará unha obra orquestrada por Juan Durán. Ademais, renderá unha homenaxe á obra de Miguel de Cervantes Don Quixote da Mancha, interpretando obras de Telemann e de Falla.

Na primeira parte do concerto representarase a obra de Manuel de Falla, "El retablo de Maese Pedro", cos Monicreques de Kukas. Na segunda interpretaranse as obras de Telemann, Don Quixote (Suite) e de José Castro "Chané", orquestrada por Juan Durán, Catro cancións sobre textos de Manuel Curros.

Para a ocasión se contará coa colaboración das voces de Carmen Gurriarán, soprano; Miguel Bernal, tenor e Augusto Brito, barítono.

A orquestración de Juan Durán que se estrea esta noite, realizouse a partir da versión orixinal que José Castro "Chane" fixo para voz e piano, adaptandoa agora para voz e orquestra. A orquestración é unha versión fiel da obra de piano. Juan Durán pretende deste xeito dar unha maior difusión dos poemas de Curros e que estes se podan interpretar por unha orquestra sinfónica.

A suite de Telemann escrita para orquestra de corda e continuo que se executa habitualmente, é unha selección de episodios que reflicten diferentes momentos do libro e neles, escritos con carácter de entretenimento e disfrute cortesán, atopamos con boa sensibilidade un tratamento espontáneo que tanto reflicte sentimentos galantes (Les Soupirs amoureux après la Princesse Dulcinée), contrastes rítmicos, pasaxes pastoris, efectos case de pantomima no manteo de Sancho ou pequenas pinceladas onomatopéyicas.
Un esquema en todo caso descriptivo, alegre, desenfadado, de puro espectáculo, que nada ten que ver con os plantexamentos que fan Manuel de Falla e Robert Gerhard no século XX.

Manuel de Falla conclue e estrea en París El retablo de maese Pedro, obra caudal da música española e europea do século XX. Manuel de Falla recebe en 1918 o encargo da Princesa de Polignac de traballar nunha obra que, pronto decide, será este Retablo que basa no texto de Cervantes, no episodio da Venta no que o titiriteiro maese Pedro desenvolve ante os alí presentes (Don Quixote e Sancho entre eles), a historia da libertade de Melisendra… A obra, que xoga constantemente con dúas dimensións da escena, con dous tempos polo menos, tende á deshumanización, a arte en sí, e alterna personaxes humans, racionais, como maese Pedro, ou máis teatrais como o Trujamán, ou definitivamente fantásticos coas marionetas que representan as aventuras do cabaleiro Don Gayferos que sae en busca da súa amada Melisendra.

Cando Falla traballaba nesta obra, Robert Gerhard lle visitou en Granada para recibir os seus consellos. Situado no exilio en Inglaterra, un dos seus primeiros traballos musicais é esta música para ballet sobre Don Quixote, de 1940-41, na que, avanzando desde os seus procedementos seriais, introduce o elemento popular español. Gerhard propón un desdobramento, pero o fai no tratamento musical da figura do protagonista (sentido común e tolemia; sensatez e alucinación), sobre o que el mesmo fixo unha serie de reflexións.

Compartir: