EDUCACIÓN

O curso escolar comeza en Santiago con total normalidade e máis de 3.600 nenos matriculados

10/09/2009 A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, visitou, con motivo do inicio das clases algúns dos colexios do concello compostelán. Neste curso 2009-2010 son 3.641 os rapaces e rapazas matriculados nos 14 centros de educación infantil e primaria de Santiago.

Mercedes Rosón salientou, desde o colexio de Roxos-Villestro, a "normalidade absoluta" coa que deu comenzo este novo curso nos colexios de Santiago. O único que aínda non conta cos nenos e nenas polos pasillos é o Quiroga Palacios, tamén visitado nesta xornada pola concellira. Neste centro a Consellería de Educación levou a cabo unha reforma case integral que xa está practicamente rematada, só falta o mobiliario que se instalará esta semana para que o luns día 14 poidan comezar as clases.

A edila de Educación resaltou, entre as novidades deste curso, a posta en marcha dunha aula especial nos colexios de Roxos e de Fontiñas cunha serie de ferramentas e materiais audiovisuais para o desfrute dos pequenos despois da horas lectivas. Este novo equipamento foi posible grazas á colaboración da Fundación La Caixa.

Neste curso escolar, os CEIP de Santiago rexistraron unha matriculación de 3641 alumnos. O centro con máis número de rapaces é o Pío XII, con 672; pola contra, o Rodríguez Xirirei, de Lavacolla, é o que conta coa menor matrícula: 75 alumnos.

Documentos relacionados



Compartir: