TURISMO

A Comisión de Coordinación do Xacobeo inicia as súas reunións

09/09/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu esta primeira reunión, despois da inicial celebrada en xullo na que se conformou a devandita comisión, que se celebrou no Pazo de Raxoi.

Trala xuntanza o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo explicou que a cita de 2010 obrigará a un "esforzo extraordinario" e a buscar a maneira de "optimizar os recursos" e que "o Ano Santo é un gran reto que requirirá por en tensión todos os recursos humanos e materiais dos que dispoñemos", recalcou. Todo isto co obxectivo de que os visitantes atopen unha cidade "segura, limpa e cómoda".

Sánchez Bugallo referiuse á necesidade da mesma pola "complexidade" dos dispositivos a por en marcha "para garantir a atención sanitaria e a seguridade en todos os aspectos". Puxo como exemplo destes dispositivos o de habilitar un lugar para a consigna de mochilas ou a información permanente ao visitante.

Anunciou o rexedor municipal que se pedirán reforzos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e recordou que nestes dispositivos hai que contar coas mesmas e tamén coa Igrexa. Non obstante, incidiu en que "o peso principal levarano o Concello e a Xunta".

Sobre o contido desta xuntanza, Sánchez Bugallo indicou que se trataba de "avaliar as necesidades e propoñer actuacións".

Compartir: