ALCALDÍA

O Concello acolle a representantes de Colexios Maiores de toda España

04/09/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi, acompañado por membros da Corporación, os participantes nas XXXII Xornadas sobre Desenvolvemento de habilidades nos Colexios Maiores no marco do Plan Bolonia.

O rexedor deulles a benvida a unha cidade de gran tradición universitaria e desexoulles que as xornadas fosen moi fructíferas.
Santiago está representado nestas xornadas polos colexios maiores de San Agustín, Arosa, A Estila e Xelmírez.

Estes encontros estanse a desenvolver en Santiago desde o día 3 e rematarán o sábado despois de tres xornadas de intensa actividade. Entre os ponentes saliente a directora xeral de Formación e Orientación Universitaria do Miinsterio de Educación ou o reitor de Uninova, así como varios directores de colexios maiores das principais universidades españolas.

Compartir: