A UN ANO DO 11-M

Numerosos cidadáns concéntranse en silencio na Praza do Obradoiro en lembranza das vítimas do 11-M

11/03/2005 Varios centos de cidadáns sumáronse á concentración silenciosa que tivo lugar durante a mañá do 11 de marzo na praza do Obradoiro, en lembranza das 192 víctimas mortais dos atentados.

Numerosos cidadáns composteláns achegáronse na mañá do venres 11 de marzo á praza do Obradoiro para acudir á concentración silenciosa que, como noutros lugares de España, tivo lugar ás 12 horas, en lembranza das 192 víctimas mortais dos atentados perpetrados o 11 de marzo do pasado ano en Madrid e de todas as víctimas do terrorismo.

Toda a corporación municipal así como numerosos traballadores do Concello quixeron sumarse a esta convocatoria impulsada pola Federación de Municipios e Provincias de España(FEMP) (FEMP), e que respondía á petición expresa do alcalde de Madrid, Alberto Ruiz Gallardón.

Posteriormente, ás 12.30 da mañá, realizouse unha ofrenda floral diante da oliveira plantada fronte ao Instituto Rosalía de Castro no 2004 en homenaxe ás víctimas do 11-M.

Pola tarde, arredor das 16.30 horas, foron lanzados ao aire preto de mil globos brancos con mensaxes de solidariedade para os amigos e familiares das vítimas do terrorismo. Durante o tempo que durou a concentración, un gran globo aerostático estivo emprazado na praza.

O Alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, deu lectura ao manifesto da Asociación de Vítimas do Terrorismo redactado con motivo do Día Europeo das Vítimas do Terrorismo.

Compartir: