BENESTAR SOCIAL

Encontro Interxeracional de Xogos Tradicionais en Fontiñas

13/08/2009 O Programa de Educación de Rúa, promovido pola Concellería de Benestar Social, segue coas súas actividades. Desta vez, a rúa Berlín, fronte a Área Central, en Fontiñas, acollerá o venres 14, de 16:00 a 20:00 horas, un Encontro Interxeracional de Xogos Internacionais.

A actividade está aberta a todos, polo que pequenos e maiores poderán xogar xuntos aos xogos de sempre: bolos, chave, billarda, a ra, carreiras de sacos, zancos, etc. Este encontro ten como obxectivo fundamental promover a participación comunitaria dos máis novos no seu tempo lecer e, neste caso, fomentar a convivencia interxeracional.

O Encontro de Xogos Tradicionais é unha das actividades inscritas no nivel de intervención grupal deste Programa de Educación de Rúa, propiciando formas de aproveitar o tempo de lecer como recurso educativo. Os outros niveis de intervención son o individual, localizando os rapaces e creando un vínculo de confianza para poder realizar un seguimento personalizado, e o comunitario, xestionando as relacións co entorno próximo e colaborando na resolución de problemas.

Uns 150 rapaces participan nas actividades do Programa de Educación de Rúa. Lévanse a cabo nos barrios de Fontiñas, Sar, Amio, San Lázaro, Conxo, Santa Marta, Choupana, A Rocha e Volta do Castro.

Compartir: