ALCALDÍA

O Concello e a CRTVG tenden pontes de colaboración cara o Xacobeo 2010

06/08/2009 O novo director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia, Alfonso Sánchez Izquierdo, visitou Raxoi, onde mantivo un encontro co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Alcalde e director xeral afirmaron a súa vontade de colaboración. Na conversa non faltou a referencia ao próximo Xacobeo 2010, un evento que requirirá unha ampla cobertura informativa polo ente televisivo e radiofónico autonómico.

En palabras de Sánchez Bugallo, "a Televisión de Galicia é un aliado para que todos os actos do Ano Santo cheguen a un número importante de persoas e para facer partícipes aos galegos destes actos". En especial, referiuse ao papel de difusión do Xacobeo que pode ter o canal internacional do ente autonómico.

Compartir: