FESTAS

Diego el Cigala presenta en Santiago o seu último disco

26/07/2009 Na xornada do luns 27, as Festas do Apóstolo continuan co gran concerto de Diego el Cigala, a partir das 23:00 horas na Praza da Quintana. Alí presentará o seu último traballo, editado en 2008, Dos lágrimas.

Ramón Jiménez Salazar, que así se chama Diego el Cigala, alcanzou a popularidade internacional no 2002, con Bebo Valdés e grazas a Lágrimas negras. No 2003 convértese nun éxito de ventas superando as fronterias do flamenco e da música latina. Con el conseguen premios como un Ondas, un Micrófono de Ouro, cinco premios Amigo, tres premios da Música, dous Grammy e cinco nominacións aos Grammy Latino.

Para esta xornada tamén está prevista unha nova entrega da Carpacabaré, que abrirá ás 23:00 horas. A esa hora, espectáculo de figuración, posta en escena e obertura da man de Nelson Quinteiro e a Compañía Femme Fatale en torno á temática industrial.

Media hora despois, espectáculo de malabares Montagem, a cargo da compañía Assircópatas. Ás 00:30 horas, turno para a compañía de Alfredo Pérez Muíño, coa súa montaxe Circanelo. Finalmente, ás 1:30 horas, concerto de swing a cargo da orquesta Miñor Swing.

Documentos relacionados



Compartir: