ALCALDÍA

Máis de 1.500 regalos para axudar aos máis necesitados

22/07/2009 O convento de San Francisco, acolleu de 12:00 a 22:00 horas o rastrillo solidario do proxecto Juntos Podemos. Os que ata alí se achegaron puideron adquirir algún dos 1.500 regalos doados por doados por empresas, institucións ou persoas a título individual. O recadado irá para axudar ás familias máis necesitadas, sen emprego ou con risco de exclusión social da área de Santiago.

Diversas autoridades e personaxes coñecidos pasaron por este rastrillo para amosar o seu apoio a este proxecto solidario, organizado polos composteláns María Castro e Francisco Castro. Entre os visitantes estivo o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

A lista de produtos que se podían adquirir inclúa dende balóns e camisetas firmadas por xogadores ata series limitadas de figuras, pasando por mp3, discos, DVD, bicicletas, televisores, etc. Pero ademais do rastrillo solidario, a xornada incluía outras actividades, como unha tómbola infantil ou un gran sorteo para produtos de maior valor, como viaxes ou estancias de hotel. Outros actos paralelos programados eran visitas guiadas ao Museo de Terra Santa, un recital de poesía ou un concerto.

Os interesados en colaborar nesta iniciativa tamén o poden facer a través da fila cero con achegas económicas á conta bancaria de Caja Duero 2104-3230-47-9112707060. Toda a información sobre esta campaña está dispoñible na páxina web: www.juntospodemossolidaridad.com.

Compartir: