TRANSPORTES

O Concello e TUSSA promoven o uso dos alcoholímetros nos aparcadoiros municipais de Xoán XXIII e Belvís

21/07/2009 O Concello de Santiago e a Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA) iniciaron en xullo de 2008 a campaña Se bebes, déixao. Aproveitando este mes de festas e celebracións, queren recordar que os usuarios dos aparcadoiros municipais de Belvís e Xoán XXIII teñen á súa disposición dous alcoholímetros.

A campaña Se bebes, déixao, ofrece aos usuarios destes dous aparcadoiros a posibilidade de coñecer en calquera momento as súas condicións cara unha condución segura. Para iso, poden someterse á proba do alcoholímetro.

Para poder realizar esta proba, os usuarios só teñen que dirixirse ao persoal das instalacións. Se a proba dá positivo e a criterio do usuario, este poderá deixar o coche o tempo necesario no aparcadoiro abonando só a metade do tempo que o vehículo estivo estacionado dende a realización da proba (ata un máximo de 24 horas).

Compartir: