FESTAS

Oito agrupacións folclóricas inundarán a Quintana de muiñeiras durante a fin de semana

18/07/2009 Como é tradicional, dentro do marco das Festas do Apóstolo inclúense as Xornadas de Folclore Galego, que se celebran en dúas quendas: o sábado 18 sábado e o domingo 19 a partir das 22:00 horas. Este evento cultural, que este ano cumpre a súa XXXXI edición, está xa asentado na cidade e pretende atraer aos grupos máis representativos do folclore tradicional galego.

Bailarán cada día catro grupos, pero primeiro realizarán un desfile dende opaseo central da Alameda ata as rúas da zona vella. No percorrido non deixarán de cantar e bailar.

Na xornada do sábado estarán sobre o escenario da Quintana os seguintes grupos: Brincadeira (Santiago), Cantigas e Agarimos (Santiago), A Ponte Vella (Teo) e Tequexeteldere (A Estrada). Xa o domingo 19 os grupos encargados de animar na Quintana serán: Colexiata do Sar (Santiago), Volta do Agro (Lugo), Fiadeiro (Vigo) e Tahume (Ribeira).

Pablo Seoane Grupo no Toural
Na tarde do sábado 18 terá lugar a final do XXXI Campionato de Chave, nas modalidades masculina (32 parellas participantes) e feminina (8 parellas participantes), que competirán no Paseo da Ferradura dende as 17:00 horas. Tamén na Alameda, dende as 20:30 horas e ata as tres da madrugada haberá música e bailes latinos co espectáculo Espíritu Latino.

Finalmente, ás 24:00 horas, Pablo Seoane Grupo actuará no Toural. Tocará temas tradicionais galegos dándolle moito protagonismo á gaita e aos instrumentos de percusión. É un grupo formado por seis músicos (gaita, percusión, zanfona e violón, acordeón, clarinete e saxo) que intenta realzar a figura do gaiteiro tradicional.

Axenda de actividades para o domingo 9 de xullo
- Festa do escalo en Chaián. XXXV Concurso de pesca de ciprínidos
-12:00 horas.- Concerto da Banda Musical de Música, na rúa do Vilar
-20:30 horas ata as 3:00 horas.- Espíritu Latino no paseo central da Alameda
-22:00 horas.- Xornadas de Folclore Galego. Praza da Quintana
-24:00 horas.- Música folk no Toural con Ultreia

Entradas para os concertos
Os interesados xa poden mercar as entradas para os concertos non gratuítos. Pódense adquirir a través das webs de www.caixagalicia.es (Lousiana Gospel Choir, Ojos de Brujo, Diego El Cigala, Sara Baras e Macaco). Ademais, a partir do luns 20 e ata o martes 28 poderanse mercar na taquilla do Teatro Principal en horario de 17:00 a 21:00 horas

Compartir: