ALCALDÍA

Benvida do alcalde aos participantes nas "Aulas no Camiño"

14/07/2009 O alcalde compostelán deulle a benvida a Santiago aos participantes nunha nova edición de Aulas no Camiño, organizadas pola Facultade de Humanidades de Ferrol. Sánchez Bugallo expresou a súa satisfacción pola continuidade no tempo deste proxecto, que contribúe á difusión da Ruta Xacobea.

Os alumnos recibiron os seus diplomas, acreditativos da participación nun proxecto cultural e de investigación que nesta XIV edición levou por título Territorios, itinerarios e símbolos. No mesmo, estudaron as culturas dos territorios polos que pasan as rutas xacobeas. Este ano, o curso incluía actividades en lugares como Cercedilla, Segovia, Astorga, O Cebreiro, Fisterra ou Muxía. Aulas no Camiño clausurarase o xoves 16 de xullo.

Compartir: