CEMITERIOS

O cemiterio de Boisaca, a punto para as visitas do Día de Defuntos

31/10/2005 O horario do cemiterio desde o 29 de outubro ata o 2 de novembro será de 9 a 19 horas e haberá servizos extra de autobuses.

Con motivo da celebración do Dia de Defuntos o próximo martes, 1 de novembro, e por mor do notable incremento de visitantes que terá o cemiterio municipal durante os vindeiros días, a Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, TUSSA, establecerá os seguintes servizos especiais:

Luns, 31 de outubro e martes, 1 de novembro.-
Diariamente, e en horario de apertura do cemiterio, hai un servizo de autobús cada 15 minutos coa liña 1, que vai do Polígono Tambre ao Hospital Clínico. A frecuencia deste servizo será de 15 minutos. Antes das 8.30 e despois das 20.30, a frecuencia será de 16 minutos, igual que o resto de días laborábeis. Tussa pon a disposición dos usuarios o seu teléfono (901 120 054) e a súa páxina web (www.tussa.org) para resolver calquera dúbida.

O horario do cemiterio desde o 29 de outubro ata o 2 de novembro será de 9 a 19 horas.

Datos estatísticos do cemiterio
O cemiterio de Boisaca ten unha superficie total de 66.000 m2 , dos cales 2.800 son terreo propio. Conta cunhas 8.659 sepulturas, 2.433 nichos e 168 panteóns construídos.

Desde xaneiro de 2005 ata o 30 de setembro de 2005, no cemiterio de Boisaca realizáronse unhas 331 inhumacións e 22 incineracións. Ademais, alugáronse 27 nichos e concedéronse 14. Así mesmo, concedéronse 26 sepulturas e 4 cinerarios.

Xestionáronse 43 certificados de titularidade, mentres que se cambiou a titularidade de 8 nichos, 61 sepulturas, 2 panteóns e abríronse 39 expedientes de traslado de restos.

Documentos relacionados



Compartir: