COMERCIO

O alcalde asiste á inauguración dunha lavandería industrial pioneira no Polígono do Tambre

10/07/2009 O novo centro do grupo de empresas da Fundación ONCE é pioneiro en lavado de roupa laboral. Conta cun investimento de 7,7 millóns de euros e prevé acadar unha plantilla de 80 persoas nos vindeiros tres anos.

Na súa intervención, o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, destacou que "no escenario económico no que estamos, onde a noticia de cada día non é precisamente a apertura de novas empresas" é "unha satisfacción dar a benvida a uns novos veciños á área empresarial do Tambre". Tamén sinalou a punteira aplicación de novas tecnoloxías e o feito de que o 80% da plantilla teñan algún tipo de discapacidade é un motivo de satisfacción, felicitou ao grupo Fundosa e á Fundación Once pola súa aposta en Santiago.

O acto de inauguración estivo presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo presidente da ONCE e a súa Fundación, Miguel Carballeda Piñeiro, entre outros altos responsables de empresas e institucións galegas, así como representantes do movemento asociativo da discapacidade.

A planta, cuxa primeira pedra se puxo en xuño de 2008, conta cun investimento de 7,7 millóns de euros, financiados pola Fundación ONCE, o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e Flisa, líder español en lavanderías industriais. O novo centro prevé acadar unha plantilla de 80 traballadores en tres anos, da que a maior parte serán persoas con discapacidade. As modernas instalacións aséntanse sobre unha superficie de 2.670 metros cuadrados (2.645 construídos), para lograr unha capacidade de lavado de 20.000 prendas ao día en dous turnos de traballo.

Estas instalacións son pioneiras ao ser a primeira lavandería do grupo deseñada para ofrecer un servizo especializado no tratamento da roupa laboral.

Ubicación extratéxica
A elección de Santiago de Compostela como sede das novas instalaciós de Flisa radica na súa importancia estratéxica, pois amplíase a presencia xeográfica de Flisa e permite xenerar emprego de calidade destiñado ás persoas con discapacidade. Trátase dun enclave xeográfico decisivo para ampliar a cobertura do servicio desta compañía. Ademais, a área de influencia de Flisa dende Santiago de Compostela abarca un mercado potencial latente, no que os servicios especializados no tratamento da uniformidade laboral cobran un valor engadido e permite explorar unha nova vía de negocio.

Flisa estableceu en Galicia un forte compromiso co crecemento sostible e o respeto ao entorno, que se basa na optimización de procesos para conseguir o emprego de fontes de enerxía respetuosas co medioambiente; reducir o consumo de enerxía e materias primas por unidade física producida, o que permitirá ter un efecto positivo directo na diminución do volume de emisións á atmósfera e de vertidos contaminantes; e reducir ao máximo o aproveitamento de residuos e realizar unha correcta e rigurosa xestión dos mesmos.

Ademais, Flisa forma e conciencia ao seu persoal sobre o impacto que as súas actividades teñen no entorno. Deste xeito, impulsa o compromiso co medioambiente das persoas que integran a súa plantilla, tanto nas súas actividades estrictamente profesionais como no seu entorno particular.

Neste senso, todas as lavandarías en funcionamento de Flisa contan coa certificación do Sistema de Xestión de Calidade, segundo a Norma ISO 9001: 2000, e rixense por un sistema de aplicación universal baixo a fórmula de multicentros. Tamén ten recibido varios premios medioambientais.

Flisa
Flisa é unha rede de lavandarías industriais e aluguer textil que se creou no ano 1990 como ferramenta para xerar emprego estable e de calidade para o colectivo de persoas con discapacidade. As lavandarías Flisa son Centros Especiais de Emprego nos que traballan máis de 2.400 persoas en todo o Estado, das que máis do 80 por cento son persoas con algún tipo de discapacidade. Anualmente estes centros procesan máis de 150 millóns de kilogramos de ruopa nas súas instalacións. A envergadura deste proxecto foi posible grazas a un esforzo económico que supera os 150 millóns de euros de inversión.

Na actualidade Flisa xestiona 28 lavandarías industriais propias en once comunidades autónomas (Andalucía, Baleares, Canarias, Castilla-La Mancha, Castilla e León, Cataluña, Galicia, Madrid, País Vasco, Murcia e Valencia).

Compartir: