MOBILIDADE

O corte de tráfico na rúa Fernando III El Santo manterase ata o xoves 16

10/07/2009 Por mor das obras de construción do túnel do Hórreo, a rúa Fernando III El Santo, no tramo entre o Hórreo e a rúa da Rosa, está pechada ao tráfico desde o luns 6 de xullo. Esta restrición circulatoria manterase ata o xoves 16. Neste tempo estará prohibido o tráfico na rúa e unicamente se permitirá a entrada para os residentes e para a carga e descarga.

No caso dos peóns, non poderán cruzar cara a estación de ferrocarril no paso peonil ao final desta rúa e deberán desprazarse uns metros máis arriba, ata o paso ubicado no remate da rúa San Pedro de Mezonzo.

Todos estes cambios están debidamente sinalizados tanto para os condutores como para os peóns. O Concello de Santiago pide desculpas a todos os veciños polas molestias que as obras poden ocasionar e agradece a súa comprensión.

Compartir: