ALCALDÍA

A Xustiza desestima a pretensión de retirar as cámaras de videovixilancia en Santiago

09/07/2009 O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 da Coruña desestimou o recurso do Movemento polos Dereitos Civís no que pedía a retirada cautelar das cámaras de videovixilancia en tanto non se pronunciara a Xustiza. O fallo do tribunal dá así a razón ao Concello de Santiago que solicitara a permanencia das mesmas.

O Xulgado Unipersoal de Santiago fallou a favor do Movemento polos Dereitos Civís ordenando a retirada das cámaras de videovixilancia, sentencia que foi recorrida polo Concello de Santiago diante do Contencioso-Administrativo número 2 da Coruña solicitanto que, mentres non se pronunciase, as cámaras seguiran funcionando.

A raíz desta actuación, o Movemento polos Dereitos Civís presenta un recurso solicitando que non se atenda a petición do Concello e que as cámaras sexan retiradas cautelarmente. Agora, a Xustiza dá a razón ao Concello de Santiago e falla en contra do recurso presentado polo Movemento polos Dereitos Civís. Deste xeito, as cámaras seguirán funcionando ata que a Xustiza se pronuncie.

Compartir: