CULTURA

Compostela viaxa ao século XX con 'Exxpopress'

09/07/2009 A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, inaugurou na mañá de hoxe no CSC das Fontiñas unha mostra única en Galicia, dedicada ao século XX e formada por centos de xornais e revistas que recollen nas súas portadas os principais acontecementos históricos da pasada centuria. A exposición permanecerá aberta ata o 28 de agosto.

A mostra da colección privada do xornalista Suso Souto, está patrocinada pola Fundación Caixa Galicia e a cadea hoteleira MV Hoteles e poderá verse no Centro Sociocultural das Fontiñas até o 28 de agosto. No acto de presentación estiveron tamén Santos Oujo Bello, presidente do Ateneo Valle-Inclán (colectivo organizador xunto co Concello de Santiago; Isaac Maceiras Rivas (conselleiro-delegado da Fundación Caixa Galicia) e Juan Rivadulla Fernández (xerente de MV Hoteles).

Os máis de 200 exemplares que forman a Expo preséntanse nun circuíto cronolóxico sobre atriles de madeira. A través das portadas de decenas de cabeceiras, algunhas delas xa desaparecidas, como El eco de Orense, Galicia Nueva, El Pueblo Gallego, La Noche, El Compostelano, El Orzán, Diario de Galicia, etc., Exxpopress presenta ao visitante unha viaxe retrospectiva no tempo. Dende a coroación do Rei Afonso XIII en 2903 até a proclamación da Segunda República en 1931, a Guerra Civil, a ditadura e a transición á Democracia, o lanzamento do primeiro cosmonauta, Yuri Gagarin; a chegada do home á lúa; a inauguración do Concilio Vaticano...

A mostra inclúe revistas doas anos 40, 50, 60 e 70 que fan un repaso á crónica social da época e nas que pode verse, por exemplo, a Miguel Bosé e a Rosario Flores con chupete, a recén nada Carolina de Mónaco; a voda dos entón Príncipes de España, etc.

O muro das informacións
Novelas cómics, libros escolares, álbumes de cromos e fotos xigantes complementan esta orixinal viaxe no tempo, ofrecendo unha xenerosa panorámica do século XX na que a música ten tamén un destacado papel, ao terse seleccionado as cen cancións máis emblemáticas, un por cada ano, que soan de fondo durante a visita e que se recollen en fichas. Ademais, dez paneis recollen as efemérides máis importantes, mais tamén as máis anecdóticas de cada ano, con máis de tres mil referenzas históricas históricas que forman o denominado Muro das Informacións.

Nun monitor instalado no centro da sala proxéctanse medio centro de vídeos históricos que abranguen dende o funeral da Raíña Victoria de Inglaterra en 1901 até a clonación da ovella Dolly en 1996.

Compartir: