EDUCACIÓN

Máis de 120.000 euros para obras de mantemento nos colexios e nas escolas rurais do Concello

03/07/2009 Unha Xunta de Goberno Local extraordinaria deu o visto bo ao inicio do expediente para a contratación de obras de mantemento nos colexios de educación primaria e infantil e nas escolas rurais ubicadas no Concello. Esta contratación farase por procedemento negociado sen publicidade e cun tipo máximo de licitación de 105.285,92 euros máis o 16% do IVE (16.845,75 euros).

As obras de reparación, que teñen unha contía total de 122.131,67 euros centraranse en traballos de albanelería, pintura e carpintería como por exemplo limpeza de canaletas, repintados, arranxos de pechaduras, reposición de azulexos, renovación de portas e reparación de persianas, entre outros.

Beneficiaranse da medida os colexios Apóstolo Santiago, Arquitecto Casas Novoa, Colexiata de Sar, Fontiñas, Lamas de Abade, López Ferreiro, Monte dos Postes, Pío XII, Raíña Fabiola, Rodríguez Xixirey, Roxos-Villestro e Vite; as escolas infantís de Conxo e San Roque e as escolas rurais de Laraño e Marrozos.

Compartir: