PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Primeiro baile para os maiores na Casa das Asociacións

03/07/2009 Este sábado, 3 de xulloo, a Casa das Asociacións, ubicada na antiga estación de tren de Cornes, acollerá o primeiro baile para os nosos maiores, que se repetirá o primeiro sábado de cada mes.

Esta actividade, que é libre e de balde, forma parte do programa preparado pola Concellería de Participación Cidadá, dirixida pola concelleira Guadalupe Rodríguez. Con este baile preténdese que os maiores pasen un tempo agrabadable ao ritmo da música, que nesta primeira ocasión correrá a cargo da orquestra Solymar. A cita é as 18.00 horas e ata as 21.30 horas.

Tamén na Casa das Asociacións e desde o pasado mércores 1 de xullo pódese visitar a exposición O cambio climático, o noso mundo, o noso futuro, a nosa opción, que pretende dar a coñecer aos visitantes o problema ambiental do cambio climático, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e tamén en Galicia. Ademais, intenta estimular a participación e reflexión dos visitantes propoñendo novos comportamentos comprometidos e accións positivas co clima, que loiten contra o cambio climático e fomenten un desenvolvemento máis equilibrado, social e ambientalmente.

A exposición consta de diversos paneis relativos a cuestións coma o cambio climático, os impactos na natureza, o tempo e o clima, a atmosfera, o efecto invernadoiro, a protección do clima, a política internacional sobre o cambio climático, ou as emisións en Galicia, entre outros. A mostra tamén inclúe a proxección do documento audiovisual Cambio climático: ti tamén decides. Ademais, ofrece cadernos de traballo para escolares e a posibilidade de que estes participen a través de diferentes módulos.

A Casa das Asociacións está ubicada no número 43 da Avenida de Vilagarcía e pódese chegar ata ela empregando as liñas de autobús urbano 5, C2 e C4.

Compartir: