PARQUES E XARDÍNS

O barrio de Salgueiriños conta xa con unha nova área recreativa e de lecer

02/07/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a nova área recreativa situada na zona norte do barrio dos Salgueiriños, acompañado pola concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos. A nova área, realizada con fondos FIL, conta cunha superficie total de 7.500 metros cadrados e esta inserida dentro do Parque dos Salgueiriños, un espazo verde público de máis de 56 000 metros cadrados.

A área de actuación concreta está entre a rúa do Río e a de Manuel María, separadas pola rúa do Lavadoiro, a carón da cal existía xa unha pista polideportiva. Axardinouse o contorno desta pista, introducindo rego e especies arbóreas e arbustivas. Na zona comprendida entre a rúa de Manuel María e a rúa do Lavadoiro acondicionouse o espazo con rego e plantacións de especies arbóreas e arbustivas, conformouse unha área de xogo infantil con xogos múltiples e simples para idades entre 2 e 12, acondicionouse a rede de sendeiros en xabre, reparouse o lavadoiro para evitar filtracións e instalouse unha varanda de protección na beirarrúa

A nova zona incorpora tamén un circuíto ao aire libre, con elementos que permiten reunir a grupos, dende adolescentes ata persoas maiores, para realizar exercicios, socializar e divertirse grazas a unha actividade saudable. Todos os equipamentos están dotados con carteis de información xeral e de idades de uso.

Documentos relacionados



Compartir: