MEDIO AMBIENTE

Os problemas ambientais do século XXI, a debate en Compostela

25/06/2009 A concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, e parte da Corporación recibiron aos participantes nas VI Xornadas Galegas de Educación Ambiental. Este evento desenvólvese do 25 ao 27 de xuño no Instituto Rosalía de Castro.

As Xornadas reúnen en Santiago a profesorado, educadores, técnicos da administración local e autonómica, membros de movementos sociais ambientalistas e estudantes. O seu obxectivo é avaliar os problemas ambientais do século XXI e as tendencias, posibilidades e límites da educación ambiental, e ofrecer un foro de intercambio de experiencias e divulgación de actuacións no ámbito galego.

O programa inclúe tres conferencias plenarias, mesas redondas, unha mostra da educación ambiental e dúas exposicións arredor do cambio climático.

Compartir: