ALCALDÍA

A cidade acolle o máis prestixioso congreso europeo sobre tecnoloxías das comunicación

24/06/2009 Entre os días 23 e 26 de xuño, a Facultade de Medicina acolle o congreso anual da European University Information Systems (EUNIS). Este é o encontro de maior proxección no ámbito europeo relativo ás Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC). É a primeira vez que este evento se celebra en España.

Este Congreso reúne a máis de 250 especialistas, na súa meirande parte responsables de tecnoloxías da información das universidades europeas, que representan a 28 países. Dentro do seu programa de actividades figuraba a visita dunha representación a Raxoi, onde foron recibidos polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e parte da Corporación. Alí estiveron o presidente de EUNIS, Jean-Francois Desnos, e o reitor da USC, Senén Barro.

Ao longo de tres días, Santiago convértese en punto de intercambio e difusión dos proxectos e experiencias máis salientables na aplicación das TIC no eido universitario europeo, particularmente no relativo á xestión e á docencia. Tamén se presentarán proxectos que a partir da investigación e o desenvolvemento aplicado están chamados a converterse en novos modelos de aplicación nas universidades.

EUNIS
A European University Information Systems (EUNIS) é unha asociación creada en 1993 cuxa actividade principal é a súa conferencia anual. Na actualidade conforman a asociación 135 institucións oficiais pertencentes a 29 países europeos e Estados Unidos e Israel. A finalidade básica deste colectivo é fomentar o intercambio, a cooperación e o debate entre os responsables dos sistemas de información europeos de institucións de educación superior e de investigación, así como establecer relacións no ámbito dos sistemas de información en cada país e no contexto europe

Compartir: