PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Aínda quedan prazas libres para a sesión de astronomía da Casa das Asociacións

24/06/2009 Dentro do programa de actividades de verán que organiza a Concellería de Participación Cidadá, o venres 26 de xuño, na Casa das Asociacións, terá lugar unha didáctica Noite de Astronomía. Aínda quedan prazas para apuntarse a esta sesión, que comeza ás 22:30 horas na terraza da Casa e na que colabora o Club Compostelán Astronomía Vega.

A Casa das Asociacións, situada na antiga estación de Cornes (avenida de Vilagarcía, 43) vén de inaugurarse recentemente cun completo programa de actividades dirixidas a todos os públicos (o programa pode baixarse dende o enlace da portada desta páxina web). Está aberta polas mañás de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas; polas tardes, de martes a venres, de 16:30 a 21:30 horas; e os sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:30 horas.

Para apuntarse á Noite de Astronomía tan só é necesario chamar ao teléfono 981 542 350.

Compartir: