CULTURA
Do fado clásico pasou ao "orgánico" no seu segundo disco "Fado curvo", producido por Carlos María Trindade, de Madredeus. Comezaron as xiras por Europa e os Estados Unidos. As colaboracións medran e Mariza canta con Sting, Teresa Salgueiro e Cesária Évora, entre outros artistas.
En "Fado transparente", publicado en Portugal o 25 de abril e gravado en Rio de Janeiro, reúne catorce cancións, con arranxos e produción do músico brasileiro Jaques Morelenbaum, director musical de Caetano Veloso e músico de artistas como Milton Nascimento, Gal Costa ou Ryuichi Sakamoto.
Trátase dun traballo que, en palabras da artista, "pretende tratar o fado con dignidade e sen impoñer límites, pero recoñecendo a liña que debe seguir". A madurez de Mariza queda reflectida en temas como "Duas lágrimas de orvalho", que interpreta acompañada só polo violonchelo de Morelenbaum.
Entre os galardóns recibidos durante o pasado ano destacan os tres concedidos pola BBC Radio, entre os que se atopa o Premio á Mellor Artista Europea de World Music, e a distinción en Portugal como Persoeiro Portugués do Ano.
A fadista Mariza inaugura o segundo ciclo de Sons da Diversidade
26/10/2005 Mariza trae a Compostela o fado tradicional pero tamén o que ela define como "fado orgánico" e que deu a coñecer no seu segundo disco, "Fado transparente", publicado o 25 de abril en Portugal, na conmemoración do 31 aniversario da Revoluçâo dos Cravos. Será o 30 de outubro no Auditorio de Galicia, dentro do Ciclo "Sons da diversidade".
A fadista do momento vén do soul e do funk: mozambicana de nacemento e adoptada despois polo barrio lisboeta de Mouraria, comezou con "Fado en mim", por suxestión do produtor e musico Jorge Fernando, quen a escoitou unha noite.Do fado clásico pasou ao "orgánico" no seu segundo disco "Fado curvo", producido por Carlos María Trindade, de Madredeus. Comezaron as xiras por Europa e os Estados Unidos. As colaboracións medran e Mariza canta con Sting, Teresa Salgueiro e Cesária Évora, entre outros artistas.