ALCALDÍA

Concentración silenciosa diante do Concello

20/06/2009 O Concello de Santiago de Compostela condenou firmemente o último atentado da banda terrorista ETA e sumouse á convocatoria da FEMP dunha concentración silenciosa de cinco minutos na Praza do Obradoiro en repulsa por este atentado que lle custou a vida ao inspector xefe da Brigada da Policía Nacional en Bilbao, Eduardo Puelles García.

Á concentración, o sábado 20 ás 12.00 h., asistiu a corporación municipal, o ministro de Fomento, José Blanco, o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez e o reitor da USC, Senén Barro, entre outras autoridades.

Compartir: