XUVENTUDE

Os grupos gañadores do "MúsicaXove’08" presentan o seu disco recompilatorio

18/06/2009 O concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, presentaron o CD recompilatorio cos temas que os gañadores do I Certame MúsicaXove interpretaron nas súas finais da Sala Capitol. No acto, celebrado no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, tamén participaron uns 60 mozos e mozas compoñentes dos grupos musicais e contou coa asistencia do director xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro.

O CD está composto por 18 temas, dous por cada un dos grupos participantes: Thinking Twice, The Codename, The Weak Force, Pa la Peña, GS21, Lobalú, Sinestesia, Dirty Socks e Agoraphobia.

Esta actividade da Concellería de Xuventude realízase a través dun equipamento coñecido como Locais Municipais de Música para a xuventude compostelá. Nestas instalacións, máis de 40 grupos da cidade ensaian de maneira constante os seus temas. Ademais, durante toda a semana desenvólvense actividades formativas para conseguir a estabilidade dun número significativo de bandas de música. As instalacións forman parte da Rede Galega de Locais de Ensaio da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade do goberno galego.

Para respaldar institucionalmente aos noos grupos de música, a Concellaría de Xuventude incidiu en dúas liñas de traballo: a promoción e difusión das actividades e a organización de concertos para os grupos. Unhas das accións levadas a cabo para fomentar e apoiar os novos grupos foi a edición dun book de promoción que se distribuíu por toda Galicia entre as comisións de festas, departamentos de Cultura e Festas dos concellos, salas de música, discográficas ou medios de comunicación.

Outro dos impulsos de dinamización foi a creación do Certame MúsicaXove, co obxectivo de promocionar, impulsar e canalizar a creatividade musical da mocidade de Compostela. Na primeira edición participaron 20 grupos nas categorías de metal, hip hop, pop-rock e canción de autor-folk. Dado o éxito, a Concellaría convocou unha segunda edición en abril de 2009, á que se presentaron 25 grupos, respaldados polo público xuvenil da cidade.

Documentos relacionados



Compartir: