TURISMO

Reúnese a comisión de seguimento do plan de Excelencia Turística de Santiago

25/10/2005 O alcalde Xosé Sánchez Bugallo preside o mércores 26 unha nova xuntanza da comisión de seguimento do PET, que avaliará o informe de execución deste plan para a mellora integral do sector turístico compostelán.

Á reunión, que terá lugar no Salón Verde do Concello de Santiago ás 11 da mañá, asisten, ademais do alcalde compostelán, o director xeral de Turismo, Rubén Lois; un representante da Delegación do Goberno; o concelleiro de Turismo, Francisco Candela; os presidentes da Cámara de Comercio e da Asociación de Hostalería e Iñaki Gaztelumendi como xerente do plan, encomendado a Turismo de Santiago.

A orde do día prevé a lectura e aprobación da acta anterior; o informe de execución do PET (anualidade 2005) e unha proposta de reprogramación do plan para a realización da Memoria 2001-2005.

O desenvolvemento do PET no 2005 inclúe accións coma a información e sinalización turística, publicacións sobre novos produtos e ofertas turísticas, formación, promoción do turismo relixioso e a implantación do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED), do que Compostela é cidade piloto.

Compartir: