SEGURIDADE CIDADÁ

O sábado 13 remata o prazo para solicitar o permiso de realización de cacharelas

09/06/2009 As solicitudes de permiso para a realización de cacharelas remata o sábado 13 de xuño ás 14:00 horas. Estas autorizacións poden solicitarse a través do enlace disposto nesta mesma páxina web.

Segundo as normas de xestión dos permisos para as cacharelas de San Xoán aprobadas en maio polo Concello, distínguese entre a celebración de cacharelas en propiedade privada e na vía pública. Neste último suposto só poderán celebrarse as solicitadas por colectivos ou asociacións.

En canto aos trámites, para as que se celebren en propiedade privada poderá realizarse a solicitude a través do devandito enlace nesta web municipal ou a través da solicitude tradicional que se poderá tanto descargar na sección de trámites como solicitar na Oficina de Atención á Cidadanía (situada en Galeras). No caso das cacharelas en vía pública, o impreso terá que ser entregado persoalmente no Rexistro Xeral do Concello.

Compartir: