ALCALDÍA

O traballo do voluntariado faise visible nunha exposición na Alameda

04/06/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a exposición "Solidarízate: voluntarios" na Alameda. Esta mostra urbana itinerante fai visible o labor do voluntariado e das organizacións sociais.

Máis de 100 persoas voluntarias de ONGs de toda Galicia participan directamente nesta exposición. A través de audiovisuais, todas elas amosan como integran o traballo voluntario na súa vida diaria. É unha invitación aos cidadáns a participar na construción dun mundo mellor.

A mostra, organizada pola Obra Social Caixa Galicia, está a percorrer as principais cidades galegas. En Santiago poderá visitarse ata o 14 de xuño na Alameda.

No acto de inauguración da mostra participaron tamén a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o presidente de Caixa Galicia, José Luís Méndez.

Compartir: