TRANSPORTES

TUSSA adxudica os servizos de limpeza e seguridade da Estación de Autobuses

04/06/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a xuntanza extraordinaria do Consello de Administración da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA). No mesmo adxudicáronse provisionalmente os servizos de limpeza e seguridade da estación de autobuses.

O servizo de limpeza foi adxudicado a Limpiezas del Noroeste, S.A., por importe de 174.209 euros máis IVE. En canto ao servizo de seguridade, a adxudicataria foi a empresa Seguir 10, S.A, polo prezo de 78.600 euros máis IVe. Na sesión, TUSSA tamén adxudicou a limpeza e arranxo das marquesiñas do rural á empresa Limpiezas Salgado, por importe de 10.800 euros máis IVE e cun prazo de execución de 25 días laborables.

A xuntanza tamén serviu para dar conta do acordo plenario polo que se designou como membro do Consello de Administración da Sociedade a Rosa Fernández Somoza, en lugar de Andrés Fariña Cadenas. Finalmente, ratificáronse os nomeamentos propostos pola comisión de selección para cubrir as prazas de inspector de transporte (promoción interna), dous axentes de aparcadoiro (promoción libre) e oficial 2º administrativo (contrato de interinidade).

Compartir: