FESTAS

Xornada de descontos de ata o 50% nas atraccións da Alameda para os máis pequenos

27/05/2009 A Concellaría de Festas de Santiago, en colaboración coa Asociación de Atraccións de Feira, invita a todos os nenos e nenas da cidade a gozar coas atraccións durante todo o venres, 29 de maio, na Alameda. Así daranse por finalizadas as actividades programadas para as Festas da Ascensión 2009.

Esta xornada, que xa se celebrou nos últimos anos, ofrece descontos especiais do 50% nas atraccións instaladas no parque. Os máis pequenos poderán subir á noria xigante, botar unhas risas no saltamontes ou mesmo probar sorte no Top Flip. Para os máis medosos quedarán os coches de choque e as colchonetas inchables.

Compartir: