TURISMO

Santiago e Qu Fu (China) asinan un Protocolo de Intencións de cara ao seu irmanamento

24/10/2005 Qu Fu e Santiago de Compostela teñen en común un patrimonio ben conservado, con singulares valores históricos, arquitectónicos e culturais e que foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

O concelleiro de Turismo do concello de Santiago, Francisco Candela, e o alcalde de Qu Fu (China), D Jian Cheng, asinaron o pasado 29 de setembro en Qu Fu un Protocolo de Intencións para o irmanamento entre as dúas cidades, do cal se deu conta na Xunta de Goberno celebrada o luns 24 de outubro.

Qu Fu e Santiago de Compostela teñen en común un patrimonio ben conservado, con singulares valores históricos, arquitectónicos e culturais e que foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Con este irmanamento preténdese desenvolver a cooperación entre as dúas cidades, coñecéndose máis profundamente, colaborando e cooperando na realización de proxectos comúns que desenvolvan o patrimonio histórico, arquitectónico e cultural de ambos municipios mediante a realización de proxectos comúns.

Compartir: