CENTROS SOCIOCULTURAIS

Os centros socioculturais celebran o magosto

24/10/2005 Máis de cen rapaces disfrutaron de xogos e castañas no Centro Sociocultural de A Gracia.

A Rede de Centros Socioculturais celebrou, un ano máis, o sábado 22 de outubro un Magosto no CSC de A Gracia, cunha participación de 120 rapaces de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos, sendo a participación maioritaria dos Centros de Vite, Amio, A Gracia, Vidán, Villestro, Castiñeiriño, Sar, A Trisca e O Eixo.

Con esta celebración preténdese manter vivas as festas populares e tradicionais galegas.

O horario foi de 16:00 a 20:30 horas, comezando as actividades cun contacontos, seguido duns xogos que se presentaron a modo de Feira/Romaría, onde por suposto houbo degustación de castañas.

Compartir: