CIDADE HISTÓRICA E CIRCULACIÓN VIARIA
O tráfico que acceda á zona dende a rúa de San Pedro subirá pola calzada de Santo Antonio e poderá xirar cara á esquerda (rúa das Fraguas) ou cara á dereita (rúa Bispo Teodomiro ata Quiroga Palacios).
Os autobuses e camións non poderán seguir esta rota e terán que seguir pola rúa de San Pedro. Este cambio afecta pois ao autobús urbano número 8, que fará o seguinte percorrido: rúa de San Pedro – Concheiros - avenida de Lugo – Cracovia - Ameixaga - Quiroga Palacios. Deste xeito, suprímese a parada en fronte do Centro Don Bosco.
San Frutuoso e Trindade
No caso das obras do ámbito de San Frutuoso e da Trindade, tamén a partir do mércores 27 ás 8:00 horas, quedará cortado o trafico nesta última rúa. Así mesmo, invértese o sentido da circulación na rúa Carretas, polo que se entrará por Entrerríos- García Sabell e sairase pola rúa das Hortas cara ao Pombal. Tamén se prohibe o estacionamento de motocicletas ao lado da Igrexa de San Frutuoso.
Tanto as modificacións de Belvís como as da Trindade estarán debidamente sinalizadas con paneis informativos e atendidas polos efectivos da Policía Local. Ademais, a información sobre estes e outros cambios estará dispoñible a través dun enlace específico na portada desta páxina web.
As obras en Belvís e na Trindade obrigan a varias modificacións no tráfico
25/05/2009 O comezo de dúas novas obras do Fondo de Investimento Local (FIL), en Belvís e en San Frutuoso, obrigará a restricións e modificacións no tráfico nestes dous ámbitos. Ambas teñen un período aproximado de realización de oito meses e comezarán o mércores 27.
As concelleiras de Cidade Histórica, Olga Pedreira, e de Circulación Viaria, Marta Álvarez-Santullano, e o xefe da Policía Local, Norberto Villaverde, explicaron as modificacións no tráfico. Así, no caso de Belvís, no tramo comprendido entre a Calzada de Santo Antonio e o Seminario Menor (confluencia con Ameixaga e Quiroga Palacios) quedará prohibido o estacionamento e a circulación de vehículos.O tráfico que acceda á zona dende a rúa de San Pedro subirá pola calzada de Santo Antonio e poderá xirar cara á esquerda (rúa das Fraguas) ou cara á dereita (rúa Bispo Teodomiro ata Quiroga Palacios).