CONSORCIO

Continúa a terceira edición do "Compostela Organum Festival"

22/05/2009 O terceiro dos concertos de maio do Compostela Organum Festival correrá a cargo do organista Juán María Pedrero na igrexa conventual de Santa Clara, órgano que é a primeira vez que se inclúe no festival. Neste concerto evocarase a música ibérica para tecla a través de obras de dous dos seus mais grandes creadores, Francisco Correa de Arauxo e Xoan Cabanilles. Será o sábado 23 de maio ás 21:00 horas.

Neste concerto farase tamén alusión á música de órgano portuguesa, pola súa proximidade xeográfica con Galicia, xa que hoxe en día non quedan obras de organistas galegos dos séculos pasados. O programa evoca tamén a forte influencia exercida pola música ibérica no resto de Europa, con dúas obras italianas de inspiración española.

Será ésta unha ocasión para oír por primeira vez no ciclo o esplendido órgano construido en 1713 por Manuel de la Viña no Real Mosteiro de Santa Clara de Santiago. Foi restaurado por Martin Goetze e Dominic Gwynn en 2005.

Juan María Pedrero
O zamorano Juan María Pedrero estuda piano na súa cidade natal e órgano en Barcelona. Ao tempo asiste ás clases maxistrais impartidas por Michael Radulescu sobre a obra integral para órgano de Bach. Prosegue a súa formación en Francia con François-Henri Houbart, obtendo un Premier Prix de Perfeccionamento no Conservatorio de Orleáns. En 2000 gañou o concurso de órgano da Académie de Beaux Arts de France, e durante 2001/02 foi organista titular do Sapporo Concert Hall (Japón).

Foi solista con conxuntos como Musica Aeterna Bratislava e orquestras como Sapporo Symphony Orchestra. Dende 2004 é profesor de órgano no Conservatorio Profesional de Granada.

Compartir: