ALCALDÍA

O vieiro de Cornes integra o cuarto xiro na trama urbana da cidade

16/05/2009 O vieiro do polígono 1 do SUP-2 de Cornes, inaugurado polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, permitirá integrar na trama urbana da cidade a obra do cuarto xiro de Cornes do periférico. Ademais, servirá de novo punto de acceso dos novos polígonos, da rúa Sánchez Freire e Pontepedriña ao periférico. É tamén un enlace alternativo para o tráfico mentres duren as obras do túnel do Hórreo.

Xunto a este polígono, xestionado por EMUVISSA, inaugurouse parte da urbanización do polígono 2 do SUP-3 de Pontepedriña, xestionado pola súa respectiva xunta de compensación.

O polígono 1 do SUP-2 de Cornes ten unha superficie total de 31.550 metros cadrados, dos cales 11.760 están destinados a novo viario e 12.070 son para dotacións, equipamentos e zonas verdes. Hai previstas 243 vivendas libres.

O orzamento do proxecto de urbanización é de 2.479.497,69 euros. A empresa contratista é Extraco, Construción e Proxectos, S.A. e a dirección de obra corre a cargo da UTE Proyfe, S.L. - Oficina de Planeamento, S.A.

Compartir: