DEPORTES

O alcalde deséxalle éxitos á selección española feminina de baloncesto no Campionato de Europa

15/05/2009 O alcalde compostelán recibiu en Raxoi á selección de España de Baloncesto Feminino, que se enfrontará a Cuba o domingo 17, ás 18:00 horas, no Multiúsos Fontes do Sar.

Sánchez Bugallo desexoulle ás xogadoras españolas os maiores éxitos no EuroBasket Feminino, que se celebrará en Letonia do 7 ao 20 de xuño. Despois de recordar a tradición de baloncesto feminino que hai en Santiago, o alcalde recibiu dunha das xogadoras, Blanca Marcos, unha camiseta. As xogadoras tamén recolleron unha por unha un agasallo.

O partido fronte a Cuba é preparatorio do devandito EuroBasket. Neste campionato, España estará encadrada no Grupo A xunto con Ucrania, República Checa e Eslovaquia. No último Europeo, celebrado en Italia en 2007, España foi subcampiona.

Compartir: